ROTEIROS DE PRIMAVERA
17 de Abril
Saida: 9:30 horas
Lugar: Ponte Aranga
Emprazado entre Aranga e Cambás, a Senda do Barranco da Loba discorre pola beira do río Cambás, nun val encaixado que acolle unha frondosa fraga. Xunto co interese botánico é de salientar o xeolóxico. Nesta zona da comarca as formidábeis forzas tectónicas quebraron o manto rochoso criando un sistema de fallas aproveitadas polos ríos Mandeo e Cambás para situar as súas bacías. Así mesmo eses quebros deron lugar a fermosas e impresionantes fervenzas.
Saida: 9:30 horas
Lugar: Ponte Aranga
Emprazado entre Aranga e Cambás, a Senda do Barranco da Loba discorre pola beira do rio Cambás, num val encaixado que acolhe umha frondosa fraga. Junto co interesse botánico é de salientar o geológico. Nesta zona da comarca as formidáveis forças tectónicas quebrarom o manto rochoso criando um sistema de falhas aproveitadas polos rios Mandeo e Cambás para situar as súas bacias. Assí mesmo isses quebros derom lugar a fermosas e impressionantes fervenças.
8 de Maio
A Ciadella (Sobrado), un dos tres acampamentos romanos naGALLAECIA.
Saída: 9:30 horas
Lugar: Teixeiro, Praza do Concello
Na GALLAECIA romana houbo tres acampamentos: LVCVS AVGVSTI, que se converteu na cidade de Lugo; AQVIS QVERQVENNIS, que foi utilizado só para a construción da Vía XIX ou Nova e o da Ciadella, na que estivo a 1ª Cohorte Celtiberorum da Legio VII Gemina, nestes momentos moi excavado. É, por tanto, un xacimento de enorme interese. O roteiro vai discorrer polo alto da Monte da Corda, por camiño antigo de grande interese patrimonial, saíndo desde Santaia de Curtis (un rastro toponímico de cohorte) para chegar logo á Ciadella e visitar o xacimento.
Saida: 9:30 horas
Lugar: Teixeiro, Praça do Concelho
Na GALLAECIA, romana houvo três acampamentos: LVCVS AVGVSTI, que se converteu na cidade de Lugo; AQVIS QVERQVENNIS, que foi utilizado só para a contrución da Via XIX ou Nova e o da Ciadelha, na que estivo a 1ª Cohorte Celtiberorum da Legio VII Gemina, nestes momento moi excavado, -E. por tanto, um jazimento de enorme interesse. O roteiro vai discorres polo alto do Monte da Corda, por caminhos antigos de grande interesse patrimonial, saindo desde Santaia de Curtis (um rastro toponímico de Cohorte) para chegar logo á Ciadelha e visitar o jazimento.
29 de Maio
Alto de Fontardión en Goente, As Pontes.
fotografia: Yosy no blogue da Sociedade Galega de História Natural.
Saída: 9:30 horas
Lugar: As Neves, Capela
Os Altos de Fontardión forman parte do rebordo montañoso que se inicia no Eume a partir de 500 m de altura. por mor da súa grande altitude (665 m) e emprazamento no Parque Natural das Fragas do Eume, o lugar convértese nun miradoiro natural impresionante, cunha ampla panorámica sobre as rías d’A Coruña, Ares e Cedeira, todo un luxo. O río Belelle nace nesta zona, ameazada ecoloxicamente por unha mina de andalucita, aproveitando a pendente e escorrentías; ao igual que unha frondosa fraga. Oculto na fraga atópase o lugar de Cernadas, un conxunto etnográfico que destaca pola cualidade construtiva da súa arquitectura tradicional e os aproveitamentos hidráulicos, cun algún acueduto pasmoso.
Saida: 9:30 horas
Lugar: As Neves, Capela
Os Altos de Fontardiom formam parte do rebordo montanhoso que se inícia no Eume a partir dos 500 m de altura. Por mor da súa grande altitude /665 m) e emprazamrnto no interior do Parque Natural das Fragas do Eume, o lugar converte-se num miradoiro natural impressionante, cumha ampla panorâmica sobre as rias d’A Corunha, Ares e Cedeira, lodo um luxo. O rio Belelhe nasce nesta zona, ameaçada ecologicamente por umha mina de andaluzita, aproveitando a pendente e escorrentias; ao igual que umha frondosa fraga. Oculto na fraga atopa-se o lugar de Cernadas, um conjunto etnográfico que destaca pola qualidade construtiva da súa arquitectura tradicional e os aproveitamentos hidráulicos, cum algum aqueduto pasmoso.
Todos estes roteiros celebraranse pola mañá e rematarán nun xantar colectivo. Non fai falla rexistrarse previamente para participar neles, pero si para o xantar. Avisar con tres días de antelación aos teléfonos 981 793 136 ou 676 768 270. Ou ben no correo electrónico:
En todas estas actividades colabora a Deputación d’A Coruña
Todos estes roteiros celebraram-se pola manhá e rematarám num jantar colectivo. Nom fai falha registrar-se previamente para participar neles, mais si para o jantar. Avisasr com três dias de antelaçom aos telefones 981 793 136 ou 676 768 270. Ou bem no correio electrónico:
Em todas estas actividades colabora a Deputaçom d’A Corunha.
8 de Abril, venres
Ás 20:15 no Concello de Paderne
Presentación do documentário «O meu nome é Lois Ferreiro, unha historia do antifranquismo galego»
Dirixido por Roi Cagiao e Fernando Llor. O documentário trata da loita antifranquista na Galiza, desde a guerrilla até os anos setenta.
Estarán presentes Lois «Ferreiro» e o co-director Roi Cagiao.
Para máis informacións do vídeo preme aquí.
A entrada será de balde.
Preme aquí para veres a fotogaleria do acto






